«Estamos para dignificar á muller en todos os eidos»

Sóese dicir que “os últimos serán os primeiros”. E quizais para Tanxugueiras isto sexa certo porque a pesar de ser a derradeira actuación do XLI Festival Intercéltico do Morrazo, é unha das que se teñen maiores expectativas. A formación composta polas irmás Maneiro, Olaia e Sabela, con Aída Tarrío, xa pisaran o escenario de Moaña no ano 2019, antes da súa participación no Benidorm Fest 2022, que lles serviu como plataforma para chegar a un público máis amplo. Agora regresarán a esta vila mañá ás 23.30 horas, tralo concerto de Ross Ainslie & Tim Edey.

-O escenario do Intercéltico non lle é descoñecido, pois xa estiveran no ano 2019. Que novidades pode agardar o público nesta reaparición seis anos despois?

-Unhas Tanxugueiras máis maduras que van a vibrar como sempre pero con máis tablas no escenario. Volvemos con moita ilusión, moita vida, moita garra e moitísima forza.

-En maio saiu “Ghatiña Mansa”, canción na que colaboran con Caamaño e Ameixeiras, contra a presión da sociedade sobre as mulleres para buscar parella e casar. Consideran que segue sendo necesario actualmente continuar con esta mensaxe ?

-Si. Creo que hai moitos clichés baseados no amor que recaen sobre a muller. Cando tes fillos? Cando casas? Quen queira casar que case e quen non queira, que non o faga. E o mesmo pasa cos fillos. Parece que o valor da muller só é completo se casa ou procrea. Sei que somos moitísimo máis que iso. “Ghatiña mansa” é unha liberación feminina para que fagas o que a ti che plazca e para que vivas a vida que queiras. Está claro que a presión social está ahí e que todas estamos un pouco afogadas por eses clichés de vida. É unha siuación moi difícil de remediar porque está no noso ADN. Pero aquí estamos nós para dignificar a presenza da muller en todos os eidos e poder dicir “eu son totalmente plena, teña fillos ou non».

-Neste Día das Letras Galegas homenaxearon ás cantarerias coa reinterpretación de “O meu amor” de Leilía. Cren que o legado destas mulleres se encontra actualmente en boas mans?

-Reinterpretar “O meu amor” de Leilía foi impresionante. Debémoslle quen somos hoxe en día a elas, que puxeron ás pandereteiras sobre o escenario e sempre dignficaron a figura da muller pandereteira, galega e rural. Nós non estaríamos hoxe se elas non fixeran ese traballo e se as mulleres non conservaran as nosas raíces, a nosa cultura, a nosa lingua e todo o noso legado. A verdade é que estamos moi contentas de ser a punta do iceberg agora mesmo como pandereteiras. E creo que sí, que o noso legado está moi ben coidado. Coido que está en moi bo momento e que todos o tratamos co máximo respecto e amor.

-A concelleira de Cultura de Moaña, Coral Ríos, afirmou que a súa actuación supón “un final de festa explosivo”. Como xestionan esta responsabilidade de ser consideradas un dos concertos máis esperados?

-A responsabilidade sempre está alí. Nós imos a expresar o amor á cultura e á tradición con todo o cariño do mundo. Fai uns anos, cando estabamos comezando, viñemos aquí coas nosas pandereitas e a nosa ilusión sen saber o que nos deparaba o futuro. Agora volvemos máis maduras pero igual de ilusionadas pola vida e por todo o que estamos facendo. Vamos a entregarnos en corpo e alma para poder ofrecer un concerto magnífico cun montón de emoción.

Suscríbete para seguir leyendo

Enlace de origen : «Estamos para dignificar á muller en todos os eidos»

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.