
As Medallas Castelao, condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia a personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no ámbito artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual, galardoan este ano o grupo de música folk Luar na Lubre, que este ano celebra 40 anos de traxectoria; o escritor, profesor e ex presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o presidente honorífico do Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto; a médica de familia xubilada Rosa Rodríguez Álvarez, en representación dos médicos de Atención Primaria de Galicia, e a Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela), que loita por visibilizar esta enfermidade e os seus pacientes, amais de apoiar a máis de 130 familias en Galicia
Enlace de origen : Luar na Lubre, Víctor Freixanes ou o Grupo Pérez Rumbao reciben as Medallas Castelao