Luis Davila recibirá o Premio Trasalba nun acto presentado por Carlos Blanco

O ilustrador Luis Davila, coñecido en FARO polas súas tiras de O Bichero, recibirá o próximo 25 de xuño o XLI Premio Trasalba, organizado pola Fundación Otero Pedrayo. Será nun acto presentado polo humorista Carlos Blanco na Casa Museo do citado escritor ourensán nunha xornada na que haberá varias actuacións musicais, presentacións de libros e un xantar.

A Fundación Otero Pedrayo fixo público hoxe o programa do Premio Trasalba 2023. A “festa literaria” comezará ás 11.00 horas coa reunión do Padroado da propia fundación na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos e pecharase ás 14.30 h cun “xantar de amizade” no Souto de Trasalba.

A homenaxe a Luis Davila Malvido terá lugar máis aló das 12.00 h. O humorista Carlos Blanco, con quen compartiu hai anos o espectáculo ‘Menú do día‘, será o encargado de facer o ‘laudatio’ cunha introducción do ilustrador e unha recopilación de todos os seus méritos. Tras iso, farase a presentación do libro ‘Luis Davila Malvido. Un xeito de estar no mundo’, a cargo de Susana Reboreda. E, despois da actuación do cantautor Manoele de Felisa, chegará o momento da entrega do galardón xunto coa intervención do protagonista.

A Fundación Otero Pedrayo resolveu conceder o premio ao artista cangués este ano pola súa “implicación na defensa da nosa lingua e a proximidade social das súas mensaxes que formula na defensa do galego”. “É un referente na reivindación sociolingüística pola súa constante manifestación de afecto á nosa lingua e cultura”, engaden.

Enlace de origen : Luis Davila recibirá o Premio Trasalba nun acto presentado por Carlos Blanco

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.