«Morris» recibe a medalla Carlos Oroza

A Asociación Évame Oroza quedou pequena este xoves na celebración da homenaxe ao actor vigués Antonio Durán «Morris», en recoñecemento a toda a súa carreira e papel fundamental na historia cultural da cidade. Entregáronlle así a medalla Carlos Oroza (que tamén recibiran Xosé Luis Méndez Ferrín e o arquitecto César Portela).

O pintor Xabier Magallanes entregoulle a «Morris», nomeado tamén Vigués Distinguido, unha obra especialmente feita para agasallalo e estivo acompañado no acto de Manuel Manquiña, Fernando Fernández Domonte e Xosé Cermeño, cos que rememorou algunhas das anécdotas máis divertidas da súa traxectoria.

Entre os «amigos» que non quixeron faltar ao acto destacou, por exemplo, a presenza de Lola Galovart, Antón Beiras Cal, o actor Alfonso Agra ou Ana Míguez.

Enlace de origen : «Morris» recibe a medalla Carlos Oroza

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.