O municipio de Salvaterra de Miño viviu un ano máis o Vía Crucis, que o Concello considera unha das manifestacións relixiosas máis significativas da localidade, que se celebrou no recinto amurallado, un escenario único pola súa singular beleza ao longo de todo o seu percorrido.

Salvaterra remeda a crucifixión
Foi o domingo, 13 de abril, a partir das 18:30 horas da tarde, por cuarto ano consecutivo. Case un centenar de persoas de distintas parroquias de Salvaterra e outros concellos limítrofes foron os protagonistas dos papeis principais da Paixón de Cristo.

Salvaterra remeda a crucifixión
Por parte do Concello sinalase que foi todo un éxito representativo onde o público identificábase cos actores e actrices participantes polo seu realismo escénico.
Ademáis houbo un equipo de son ambiental e durante o traxecto estiveron acompañados pola Banda de Música Unión de Guláns.
A Asociación de Veciños Castelo de Pesqueiras colabora especialmente neste evento, e xunto co Concello convidaron a vivir en directo este acto solemne onde os participantes intégranse nos personaxes que nos mostran as escenas do calvario de Jesús ata a súa crucifixión.
«Non nos deixaron indiferentes porque este acto relixioso é un profundo sentimento de fé para comezar o inicio da Semana Santa», dixeron.
O Vía Crucis é unha tradición católica que se celebra durante a Semana Santa, e que consiste na representación dos últimos momentos da vida de Xesucristo, desde a súa condena ata a súa crucifixión e morte. Salvaterra incorporouse fai catro anos a esta interpretación realista que xa se facía noutras localidades da península.
O Vía Crucis ten as súas raíces na Idade Media, cando os peregrinos cristiáns viaxaban a Terra Santa para percorrer o camiño que Xesucristo percorrera antes da súa crucifixión. A medida que o tempo pasou, esta tradición estendeuse por toda Europa e converteuse nunha parte importante da celebración da Semana Santa.
Do total das catorce estacións a veciñanza de Salvaterra representou a maior parte de eles. 1. Xesús é condenado á morte 2. Xesús carga coa cruz 3. Xesús cae por primeira vez 4. Xesús atópase coa súa nai 5. Simón de Cirene axuda a Xesús a cargar coa cruz 6. Verónica limpa o rostro de Xesús 7. Xesús cae por segunda vez 8. Xesús atópase coas mulleres de Xerusalén 9. Xesús cae por terceira vez 10. Xesús é desposuído das súas vestiduras 11. Xesús é cravado na cruz 12. Xesús morre na cruz 13.Xesús é baixado da cruz 14. Xesús é sepulto.
Ademáis das representacións teatrais como esta, durante a Semana Santa, as igrexas e as comunidades católicas celebran o Vía Crucis de diferentes maneiras. Algunhas das formas máis comúns de celebrar o Vía Crucis inclúen procesión nas que as comunidades católicas representan as diferentes estacións do Vía Crucis.
Para os católicos e católicas acelebración do Vía Crucis é unha forma de lembrar a Paixón de Cristo e de reflexionar sobre a importancia da fe e a devoción.
Enlace de origen : Salvaterra remeda a crucifixión